Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 20 de julio de 2019 | Leída 9 veces

Concello, INE a Deputación da Coruña desenvolven o procedemento para nomear 36 rúas e 6 prazas públicas

A convocatoria de dous procesos electorais no primeiro semestre do ano supuxo un aprazamento da tramitación para evitar posibles incidencias nos censos. O Concello porá a disposición da cidadanía material impreso e dixital cos novos rueiros unha vez os cambios sexan oficiais...

O Concello, o Instituto Nacional de Estadística (INE) e a Deputación Provincial da Coruña teñen en tramitación o procedemento que suporá o cambio de nome para trinta e seis rúas e seis prazas públicas da Laracha, Paiosaco e Caión.

 

Cabe lembrar que o sistema elixido para decidir os novos nomes foi pioneiro en Galicia. No pasado mes de novembro realizouse unha consulta popular na que participaron máis de douscentos veciños do termo municipal. O tipo de cuestionario e as opcións a escoller nel foran consensuadas previamente por todos os grupos políticos da Corporación municipal nunha xunta de portavoces. En base aos datos da consulta popular, elevouse a proposta ao Pleno, que aprobou por unanimidade o cambio de nomes na sesión ordinaria celebrada o 29 de novembro do ano pasado.

 

Seguindo co procedemento requirido para unha tramitación destas características, deuse traslado do acordo plenario tanto ao Instituto Nacional de Estadística (INE) como á Deputación Provincial da Coruña para proceder á actualización dos novos nomes das rúas no censo.

 

Debido á convocatoria de dous procedementos electorais no primeiro semestre do ano (ao Congreso e Senado en abril e elección municipais e europeas en maio), o persoal técnico do INE e Deputación da Coruña trasladaron ao Concello da Laracha a conveniencia de aprazar o cambio efectivo dos nomes das rúas para evitar posibles incidencias nos censos que puidesen afectar ás mesas electorais dos veciños empadroados nas rúas e prazas afectadas.

 

Unha vez a tramitación estea completada e aprobadas as modificacións polo INE e a Deputación da Coruña, o Concello da Laracha comunicará a Correos, Catastro e aos veciños residentes nesas rúas o correspondente cambio de nome como último paso para facelo efectivo.

 

O Concello da Laracha editou material impreso e dixital cos novos rueiros dos tres núcleos urbanos (A Laracha, Paiosaco e Caión) que se porá a disposición da cidadanía unha vez as modificacións sexan oficiais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress