Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 19 de julio de 2019 | Leída 38 veces

A Xunta desenvolverá durante os próximos catro anos a nova Axenda 4.0 coa que prevé facilitar a creación de 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900M€

Feijóo precisou que este ano e o que vén se levarán a cabo 4 medidas clave que afondarán na transformación do tecido produtivo cara á Industria 4.0. Destacou que, entre 2015 e 2018, a Axenda apoiou case 9.000 empresas permitindo a mobilización de máis de 900 M€ en Galicia e creando máis de 14.000 novos empregos industriais. Tamén subliñou que, entre 2007 e 2013, a nosa Comunidade executou preto do 40% de toda a compra pública innovadora que se contratou en España, en concreto 112 M€ dun total de 293...

[Img #49110]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que a Xunta destinará 350 M€ ata 2022 ao desenvolvemento da Axenda Industria 4.0 para, deste xeito, anticiparse aos cambios do novo modelo; aumentar o tamaño das empresas; favorecer a aposta polo talento dixital; e contribuír á reinvención do tecido industrial e á súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico.

 

Como explicou o titular da Xunta na rolda de prensa posterior ao Consello, o desenvolvemento da Axenda permitirá facilitar a creación de 13.500 empregos industrias e a mobilización de 900 M€ nos próximos catro anos.

 

En concreto, precisou que este ano e o que vén se desenvolverán 4 medidas clave que afondarán na transformación do tecido produtivo cara á Industria 4.0: a prestación de servizos a pemes, o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada; a creación dun Observatorio da Industria 4.0; así como un programa de financiamento para as empresas.

 

Ademais, o titular do Goberno galego indicou que a nova Axenda será presentada aos representantes empresariais e sindicais para coñecer as súas propostas e, acto seguido, destacou que, entre 2015 e 2018, a devandita Axenda apoiou case 9.000 empresas permitindo a mobilización de máis de 900 M€ en Galicia e creando máis de 14.000 novos empregos industriais.

 

Así mesmo, destacou que, entre 2007 e 2013, a nosa Comunidade executou preto do 40% de toda a compra pública innovadora que se contratou en España, en concreto 112 M€ dun total de 293. No período seguinte (2014-2020) –que aínda non finalizou– a Xunta está a executar xa proxectos de Compra Pública Innovadora por preto de 100 M€.

 

A este respecto, salientou que a Administración autonómica foi recoñecida en dúas ocasións co Premio nacional de innovación na modalidade de compra pública innovadora. En concreto, polos programas Hospital 2050 e en relación ao Polo Aeroespacial de Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress