Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 19 de julio de 2019 | Leída 26 veces

A Xunta expresa a súa satisfacción polo recoñecemento da Reconquista de Vigo como Festa de Interese Turístico Nacional

Alberto Núñez Feijóo salientou que se trata dun “orgullo para os vigueses e para toda Galicia” e lembrou o “apoio decisivo e permanente” do Goberno galego. A Xunta seguirá colaborando con este evento, agora cunha achega de alomenos 25.000 euros, aos que se lle poderán sumar outros 10.000...

[Img #49109]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou onte a súa satisfacción polo recoñecemento da Reconquista de Vigo como Festa de Interese Turístico Nacional, unha distinción que ostentan en total 12 celebracións da Comunidade. “Trátase dun orgullo para todos os vigueses e para toda Galicia”, destacou.

 

O titular do Executivo galego subliñou que este recoñecemento permite culminar o proceso emprendido nos últimos anos nos que a Xunta sempre mantivo un apoio “decisivo e permanente” asesorando aos organizadores na consecución deste título. De feito, o Goberno galego remitiu o pasado mes de maio ao Goberno central o informe favorable sobre esta declaración, o último paso para acadar esta distinción.

 

Tras a súa declaración como Festa de Interese Turístico Nacional, a Xunta seguirá colaborando con este festexo, agora cunha achega de alomenos 25.000 euros no marco dos convenios que Goberno galego asina todos os anos coas festas desta categoría. A estas cantidades súmanse outros 10.000 euros opcionais a disposición dos organizadores que así o soliciten.

 

A Reconquista convértese así na primeira celebración da cidade olívica en acadar esta distinción e a quinta da provincia de Pontevedra tras a Feira do Cocido de Lalín; a Exaltación do Marisco, no Grove; as Festas Patronais de San Roque, en Vilagarcía de Arousa, e a Festa da Lamprea, en Arbo.

 

O titular da Xunta subliñou que este recoñecemento exemplifica como as festas galegas son “un dos maiores patrimonios turísticos” cos que conta a Comunidade e un motivo de orgullo para toda Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress