Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 18 de julio de 2019 | Leída 15 veces

A Xunta convida a manter a unidade en torno ao Corredor Atlántico de Mercadorías e a traballar para que se traduza en investimentos para os portos e as plataformas loxísticas galegas

O Goberno galego reitera a súa disposición a aclararlle á Confederación de Empresarios da Coruña o que considera un erro de interpretación sobre o Corredor Atlántico, que se mantén nos termos defendidos e acordados conxuntamente ata agora. Lembra que a incorporación de Galicia e do Noroeste peninsular ao Corredor Atlántico abre a posibilidade de dispor de financiamento europeo para obras como a conexión ferroviaria de Langosteira. Sinala que o obxectivo agora debe ser que o Ministerio de Fomento presente ese proxecto á convocatoria de fondos da Unión Europea, algo compatible coa mellora da liña A Coruña-Monforte

A Xunta de Galicia convida a manter a unidade en torno ao Corredor Atlántico de Mercadorías e a traballar desa forma para que se traduza en investimentos que melloren a competitividade dos portos e das plataformas loxísticas da Comunidade.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lembra que o trazado da rede ferroviaria que foi priorizado pola Unión Europea como Rede Básica é exactamente o defendido unanimemente polos gobernos de Galicia, Asturias e Castela e León nunha alianza á que se sumaron as patronais das tres autonomías. Ese trazado entra no Noroeste a través de León e Venta de Baños (Palencia) cara a Monforte, Ourense, Vigo e A Coruña, foi incorporado á Rede Básica europea.

 

A priorización deste trazado é compatible co mantemento do transporte de mercadorías a través da liña Monforte-A Coruña, que queda categorizada como Rede Global.

 

O Goberno galego reitera a súa disposición a aclararlle á Confederación de Empresarios da Coruña o que considera un erro de interpretación sobre o Corredor Atlántico, que se mantén nos termos defendidos e acordados conxuntamente ata agora.

 

Nese sentido, lembra que a incorporación de Galicia e do Noroeste peninsular ao Corredor Atlántico abre a posibilidade de dispor de financiamento europeo para obras como a conexión ferroviaria de Langosteira, tal e como defendeu a conselleira de Infraestruturas ante a Comisión Europea o pasado mes de abril.

 

A Xunta sinala que o obxectivo agora debe ser que o Ministerio de Fomento presente ese proxecto á convocatoria de fondos da Unión Europea, algo compatible coa mellora da liña A Coruña-Monforte.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress