Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 14 de julio de 2019 | Leída 47 veces

Doce locais participarán na sexta edición de A Laracha de tapas

Celebrarase do 9 ao 11 de agosto. Repartiranse 750 euros entre os premios do xurado profesional e popular...

Unha vez rematado o prazo de inscrición en A Laracha de tapas serán un total de doce os establecementos hostaleiros que participarán na sexta edición deste certame que se vai celebrar na capital municipal do venres 9 ao domingo 11 de agosto co obxectivo esencial de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio, ademais de poñer e valor os produtos locais e o sector da restauración.

 

Os locais que formarán parte do concurso son: Hotel-Restaurante ABC, Café Bar Aqua, Café-Bar Guadalupe, Manhattan Skyline, Café-Bar Mariño, O Noso Café, Cervexaría O Trasno, Bar Sandra, Bar Sara, Ambigú Café, Cafetería O Encontro e Café-Bar Nuevo Marchica.

 

Durante as tres xornadas de duración deste certame as elaboracións orixinais -que se presentarán nos próximos días- serviranse ao público en xeral ao prezo de 1,50 euros. O Concello repartirá un total de 750 euros en premios entre os outorgados polo xurado profesional (primeiro premio de 300 euros e segundo premio de 250 euros) e o do xurado popular (200 euros), que será decidido directamente polos clientes que proben tres tapas diferentes.

 

O Concello da Laracha organiza este concurso tralos rotundos éxitos das anteriores edicións. Durante o outono tamén está previsto realizar rutas de tapas en Caión e Paiosaco.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress