Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 13 de julio de 2019 | Leída 24 veces
CAMBRE

Cambre asina un éxito no Proceso de Participación Pública do PXOM, no que tomaron parte 1104 veciños

O Concello de Cambre presentou, os resultados do Proceso de Participación Pública sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)...

[Img #49074]

 

Fíxoo ante decenas de veciños e veciñas do municipio que encheron o salón de plenos da Casa do Concello. Atendendo aos resultados, o Concello asinou un éxito de asistencia con esta iniciativa: en total, os 37 encontros -4 encontros de futuro, 14 reunións informativas nas parroquias e 19 encontros escolares- congregaron a 1.104 persoas.

 

A xornada de onte contou coa intervención do concelleiro de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, que sinalou o “éxito” que este proceso tivo entre os cambreses e cambresas. Así mesmo, no acto interveu a empresa encargada do proceso de participación, que destacou “o grande interese dos veciños e veciñas polo medio ambiente e polo patrimonio do municipio”. Así, os veciños presentaron 153 propostas nas que a Mobilidade e o Transporte (37%), os Equipamentos (25%) e os Servizos (20%) foron as temáticas máis abordadas. Así mesmo, realizáronse un total de 326 consultas públicas. Doutra banda, a compañía explicou que nos encontros informativos das parroquias, as conexións viarias e a mobilidade sustentable foron os temas que máis interese suscitaron entre os asistentes.

 

Unha vez se presentaron as conclusións principais, deuse paso a unha mesa redonda na que tomaron a palabra cinco veciños que interviñeran activamente durante o proceso de participación. Todos eles coincidiron en sinalar a importancia deste tipo de iniciativas, explicando que a maior parte das solicitudes coincidían entre as diferentes parroquias do termo municipal. En liñas xerais, os representantes veciñais incidiron na idoneidade da dinámica. E é que, tal e como explicaron, puideron facer consultas e resolver dúbidas.

 

A mesa redonda deu paso á intervención dun grupo de nenos e nenas do CEIP Gonzalo Torrente Ballester, que expuxeron ante o público asistente, dúas propostas para o Cambre do futuro: por unha banda, converter o municipio nun referente deportivo na comarca, e polo outro, crear unha zona peonil no centro urbano. Con todo, para chegar a estas dúas medidas, os pequenos realizaron un laborioso traballo de investigación no que estudaron as características urbanísticas do concello.

 

En total, ao longo do Proceso de Participación do PXOM realizáronse 19 encontros escolares nos 7 centros do termo municipal. En xeral, destacouse que os máis pequenos teñen un gran interese polo medio ambiente, pola mobilidade sustentable e polas zonas verdes.

 

Como conclusión final, explicouse que hai seis retos de futuro para o PXOM de Cambre: a potenciación da mobilidade sustentable, a reordenación do armazón viario urbano e interparroquial, a conservación e posta en valor do patrimonio natural e histórico-cultural, a consolidación dunha rede de servizos sustentable e a dotación de equipamentos e zonas verdes, a habilitación de chan para a construción de vivenda e para o desenvolvemento económico e a integración na área metropolitana.

 

A empresa encargada de realizar o proceso participativo explicou que as propostas realizadas polos veciños serán respondidas proximamente.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress