Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 13 de julio de 2019 | Leída 19 veces

A Xunta Local de Seguridade da Laracha acorda a incorporación da Policía Local ao sistema Viogen de seguimento de vítimas de violencia machista

Refórzase a colaboración que xa viñan realizando coa Garda Civil. O Concello presenta unha ratio de infraccións delitivas inferior á media provincial, galega e estatal...

[Img #49069]

 

O Salón de Plenos do Concello da Laracha acolleu onte pola mañá a Xunta Local de Seguridade que foi copresidida polo alcalde, José Manuel López Varela, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo. Tamén asistiron a xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno –María Isabel Álvarez-, o tenente alcalde da Laracha –José Ramón Martínez Barbeito-, a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha –Ana Aldao-, o inspector xefe da Policía Autonómica na Coruña –Antonio Nieto-, o sarxento do posto da Garda Civil da Laracha –Víctor Manuel Palmero-, o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña –Francisco Javier Jambrina- e o xefe da Policía Local da Laracha –Víctor Vilanova-.

 

O acordo máis destacado da sesión foi a incorporación do corpo da Policía Local da Laracha ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero VIOGEN. A Policía Local xa viña colaborando activamente coa Garda Civil nesta materia e con este acordo dáse un paso máis nesta cooperación de forma que os axentes poderán efectuar este labor de xeito máis eficaz e directo, o cal beneficiará en último caso ás mulleres que poidan sufrir algunha ameaza de violencia machista en A Laracha. A subdelegada do Goberno en A Coruña felicitouse deste avance lembrando que na Laracha hai activos cinco casos deste tipo no sistema VIOGEN e que xa funcionan con normalidade as mesas locais de prevención de violencia machista no Concello.

 

Na Xunta Local tamén se analizaron os datos de seguridade da Laracha referidos ao primeiros cinco meses deste ano. A pesar de que as cifras apuntan a que nestes meses se produciu un ascenso do número de infraccións penais rexistradas que van acompañadas dun aumento da eficacia policial en case un 57%, o Concello da Laracha continúa sendo un municipio seguro ao presentar unha ratio de infraccións delitivas inferior á media provincial, autonómica e estatal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress