Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 12 de julio de 2019 | Leída 24 veces
COIRÓS

A Xunta mellorará as instalacións da escola infantil de Coirós para o vindeiro curso

Ampliarase o patio cuberto e renovarase o equipamento. As actuacións executaranse aproveitando as vacacións do mes de agosto en que pecha o centro...

[Img #49067]

 

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou onte a escola infantil de Coirós, que pertence á rede autonómica da Galiña Azul e na que a Xunta prevé financiar obras de mellora de cara ao inicio do vindeiro curso.

 

Perfecto Rodríguez, que percorreu o centro acompañado do alcalde do municipio, Francisco Quintela, de técnicos do Consorcio e de técnicos municipais, coñeceu de primeira man o estado das instalacións. A visita serviu para valorar o custe da intervención, que se centrará na ampliación do patio cuberto e na substitución e mellora de parte do equipamento.


As actuacións previstas realizaranse, tal e como manifestou o xerente do Consorcio, durante os meses de verán, especialmente en agosto, para non entorpecer o normal funcionamento do equipamento. As obras serán executadas polo concello, pero será a Xunta de Galicia quen as financie, xa que o importe das mesmas será compensado nas liquidacións que emite o Consorcio ao concello semestralmente.

 

Neste sentido, Perfecto Rodríguez, salientou a importancia da colaboración entre administracións, xa que fai posible levar a cabo este tipo de intervencións o mais axiña posible e sen interferir coa actividade da escola.

 

O centro, que ten unha capacidade máxima de 20 prazas conta con 17 nenas e nenos matriculados para o vindeiro curso 2019/2020. O xerente do Consorcio destacou que esta escola permite a conciliación das familias deste concello e engadiu que con estas actuacións mellorarase a prestación do servizo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress