Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 12 de julio de 2019 | Leída 51 veces
PSOE

O PSdeG-PSOE preguntará ao Goberno de Calvelo en que situación están os quioscos aparecidos no areal Barrañán

Dende o Grupo Municipal Socialista preguntámonos a situación legal na que se instalaron uns quioscos de venta de xeados e refrescos na praia de Barrañán...

Sabemos que os chiringuitos que se instalan no entorno dos nosos areais son xestionados despois dos trámites oportunos e dunha poxa pública, e neste caso descoñecemos se teñen os permisos pertinentes para exercer a actividade que están a desenrolar.

 

Chéganos información de que pode existir algunha denuncia do SEPRONA por dita instalación, da que pode ser coñecedora a fiscalía, e non temos información da legalidade de ditas instalación e das posibles actuacións que teña que levar a cabo o goberno do noso concello -tendo en conta ademais que a zona de dunas desa praia é un espazo natural protexido-.

 

Dende o Grupo Municipal Socialista apostamos por dotar aos nosos areais das infraestruturas necesarias para a comodidade daqueles que visitan as súas instalacións, e cremos que o noso concello ofrece un servizo moi deficiente, pero este ten que ser sempre con respecto aos nosos espazos naturais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress