Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 12 de julio de 2019 | Leída 21 veces

Trinta mozos de Arteixo coñecerán o funcionamiento de varias empresas a través do programa Deseñando o teu futuro

Os participantes serán alumnos de diversos centros educativos do concello que tiñan o obxectivo de orientar a seus estudios a unha profesión determinada…

A concellaria de Servizos Sociais, que dirixe Inés Ramos, acaba de presentar  o proxecto Deseñando o teu futuro. Este proxecto persigue a implementación de proxectos con xovenes para realizar estadías en empresas e que así poidan tomar decisións sobre os estudios a seguir para conseguir unha determinada capacitación profesiona.

 

O concello invitou os centros educativos de ESO do concello para a participación no proxecto, e así habrá alumnos do IES Manuel Murguía, IES Pastoriza. IES de Sabón e co CPR Agarimo. Dende cada un destes centros realizarán unha proposta de derivación de menores que encaixarían no proxecto priorizando menores que precisaran dese achegamento á empresas para a toma de decisión ou ben para manter a motivación para a continuidade dos seus estudos.

 

Os mozos participantes realizaron visitas e estadías en diversas entidades e empresas do municipio co obxectivo de que os participantes coñeceran de primeira man a actividade empresarial en diversos sectores.

 

Entre os obxectivos destas estadías nas empresas aparecen como os principais apoiar a formación da mocidade de Arteixo para que adquira coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e a súa futura formación, facilitando un primeiro contacto coa realidade laboral do seu contorno, e facilitar a aproximación de mozos e mozas de 14 a 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías e visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas , e facilitar, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

 

Inés Ramos sinala que “é moi importante que en certas idades un poida tomar a decisión de dirixir os seus pasos hacia un horizonte profesional concreto, e este programa persegue que os mozos teñan máis información sobre en qué consiste a actividade das diferentes empresas para así poder elixir”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress