Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 12 de julio de 2019 | Leída 46 veces

A Laracha acollerá un curso de monitor de fútbol base no mes de agosto

Baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol. A inscrición xa está aberta e debe formalizarse na web futgal.es...

[Img #49063]

 

O Concello da Laracha acollerá durante o próximo mes de agosto un curso de monitor de fútbol base baixo a organización da Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol e coa colaboración do Laracha C.F.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil responsable da área de Deportes, Patricia Bello, recibiron no Concello ao vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar, e ao director da Escola Galega de Adestradores, Iván Cancela, que presentaron a iniciativa nun acto no que tamén participou o presidente do Laracha C.F., José Manuel Ceide ‘Canito’.

 

O curso constará de 65 horas lectivas nas que os alumnos recibirán formación teórica –nas instalacións da Casa da Cultura da Laracha- e práctica –no campo Municipal da Laracha-.

 

As persoas que superen a acción formativa recibirán o diploma que acredita que teñen a titulación requirida pola Real Federación Galega de Fútbol para poder adestrar equipos de categorías locais de fútbol base.

 

Co obxectivo de facilitar a asistencia dos alumnos, acordouse que o curso se desenvolva de xeito intensivo ao longo de todo o mes de agosto con sesións de tres horas de duración a realizar e horario matinal.

 

Todas as persoas que desexen realizar o curso de monitor de fútbol base que se impartirá na Laracha deberán inscribirse en liña na web da Real Federación Galega de Fútbol http://futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=22193&cod_primaria=5000383&cod_secundaria=5000383#.XScOIOszbs0.

 

O prezo é de 150 euros, que inclúe a ensinanza completa, os programas, a acreditación e o diploma.

 

José Manuel López Varela mostrou a súa satisfacción por poder ofrecer “aos veciños da Laracha e doutros concellos próximos a oportunidade de realizar este curso sen ter que facer largos desprazamentos a diario” e agradeceu tanto á Escola Galega de Adestradores como á Real Federación Galega de Fútbol a súa disposición para organizar na Laracha esta acción formativa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress