Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 11 de julio de 2019 | Leída 28 veces

O alcalde presenta á conselleira de medio ambiente a proposta de ampliación do punto limpo

Aproveitando a presenza de Ángeles Vázquez na Laracha para anunciar a resolución das axudas para a instalación de puntos limpos móbiles e de medidas para a implantación da fracción orgánica. José Manuel López Varela considera que as instalacións “funcionan perfectamente, pero quédansenos pequenas”...

[Img #49059]

 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, anunciou onte na Laracha a resolución das axudas para a instalación de puntos limpos móbiles e promoción de medidas destinadas á implantación da fracción orgánica dos residuos urbanos, das que se beneficiarán unha trintena de entidades locais galegas que percibirán, en total, 824.195 euros.

 

Precisamente o Concello da Laracha foi un dos beneficiarios, cunha achega de preto de 40.000 euros para tres fins complementarios. Por unha parte, serán adquiridos os ancoraxes necesarios para a implantación do novo colector de residuos orgánicos (quinta fracción) nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión e tamén na urbanización Monte Claro de Cabovilaño. Tamén serán adquiridos polo Concello recipientes e bolsas compostables que serán distribuídas nas vivendas. Por último, realizarase unha campaña explicativa, informativa e de sensibilización á poboación sobre o modo de emprego destes novos colectores e a importancia de separar os residuos.

 

Aproveitando a presenza da conselleira no punto limpo –o lugar escollido para realizar o anuncio-, os membros do goberno local da Laracha presentáronlle a proposta de ampliación das instalacións desa infraestrutura municipal. José Manuel López Varela considera que “o punto limpo funciona perfectamente baixo a xestión da concesionaria Aspaber, pero quédasenos pequeno” e precísase dun maior espazo para “crear novas zonas de acopio de plásticos de silo e invernadoiros, restos vexetais, composteiros, novos contedores de reciclaxe e espazo cuberto para os recipientes de papel-cartón”.

 

A actuación deseñada polo Concello da Laracha ten un orzamento duns 250.000 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress