Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 11 de julio de 2019 | Leída 38 veces

A pasarela de Marineda porase este verán á disposición dos veciños e usuarios para mellorar a mobilidade e seguridade viaria na contorna

Vázquez Mourelle explica que xa se instalou a parte da zona da Grela e a vindeira semana, na noite do día 20 e a madrugada do 21, se colocará o treito do lado do centro comercial. Precisa que unha vez completada a estrutura, se realizará a pavimentación, se colocará a varanda e a iluminación e se fará unha proba de carga para testar o seu funcionamento e plena capacidade operativa. Cualifica a pasarela como ‘unha auténtica escultura’ que se converterá en distintivo da cidade, ao ser unha infraestrutura singular e con deseño e selo galego...

[Img #49055]

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou os traballos de instalación da pasarela de Marineda, que xa roldan o 90 %, polo que este verán xa estará a disposición dos veciños e usuarios.

 

Vázquez Mourelle explicou que os traballos se intensificaron esta madrugada para instalar unha parte da infraestrutura elevada que comunicará ambas as marxes da estrada AC-552, nun primeiro treito correspondente á zona da Grela, á altura do supermercado.

 

Indicou que unha vez colocada a primeira parte, avaliarase topograficamente a súa posición exacta para realizar en taller o axuste do lado pendente de colocar, que é máis longo.

 

Precisou que na vindeira semana, na noite do día 20 e a madrugada do 21, instalarase a parte da pasarela do lado do centro comercial e despois uniranse as dúas pezas, completando a estrutura, procedendo logo á pavimentación, colocación de varanda e iluminación. Finalmente, antes da posta en servizo, realizarase a proba de carga para testar o seu funcionamento e plena capacidade operativa.

 

Puntualizou que esta actuación ten unha certa complexidade que obrigou a montar en días pasados ese pilar provisional na mediana para soportar a estrutura da pasarela, que se dividiu en dúas seccións para facilitar a súa colocación.

 

Reiterou a dificultade destes traballos tanto pola lonxitude da estrutura, arredor de 200 metros, co que isto supón para o seu transporte e colocación, como polo deseño en curva da pasarela, sen puntos de apoio centrais.

 

Cualificou a pasarela como ‘unha auténtica escultura’ que se converterá en distintivo da cidade, ao ser unha infraestrutura singular e con deseño e selo galego.

 

Cómpre lembrar que esta pasarela forma parte dunha actuación integral, que rolda os 2 millóns de investimento e que tamén contemplou a construción dunha senda, de 700 metros, desde a rúa Severo Ochoa ata a parada de bus do Marineda, onde se coloca unha nova marquesiña da Xunta.

 

A conselleira subliñou que este proxecto dá resposta a unha demanda dos empresarios da Grela, ao igual que responsables de Marineda, a quen agradeceu a súa colaboración.

 

Destacou que con estas obras se acada un incremento da seguridade viaria dos traballadores do polígono e dos usuarios que se achegan á área comercial, se favorece o tránsito peonil e en bicicleta e se potencia o transporte público.

 

Pediu desculpas aos veciños e usuarios polas molestias que sempre causan todas as obras e agradeceulles a súa paciencia ante unha actuación cuxo resultado final vale a pena, xa que conxuga seguridade viaria e mobilidade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress