Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 11 de julio de 2019 | Leída 28 veces

A Xunta activa axudas por máis de 800.000 euros para impulsar a ecoinnovación no comercio de proximidade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou onte en Santiago do novo programa co que se busca contar cun comercio máis moderno e competitivo ao tempo que se contribúe ao coidado do planeta. Cos novos apoios facilitarase a adhesión á plataforma de tícket dixital impulsada coa Federación Galega de Comercio e promoverase a utilización de ecoenvases e a posta en marcha de proxectos que favorezan a economía circular...

[Img #49054]

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou onte da posta en marcha dun novo programa de axudas por máis de 800.000 euros para impulsar a ecoinnovación no comercio de proximidade galego. Conde, que participou nun encontro celebrado en Santiago da iniciativa Comercio 360, mediante a cal Galicia aposta por “liderar unha verdadeira transformación do sector” anticipándose ás novas demandas e necesidades dos clientes, apuntou que mediante os novos apoios se busca non só contar cun comercio máis moderno e competitivo, senón “contribuír ao coidado do planeta, a través dun comercio responsable e sustentable”.

 

Mediante o novo programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 9 de agosto, os comerciantes poderán adherirse á plataforma de tícket dixital impulsada xunto coa Federación Galega de Comercio. Deste xeito, poderán achegar unha maior comodidade e garantía aos clientes, ao tempo que minimizan o uso do papel e os contaminantes vinculados aos procesos de impresión.

 

Ademais, promoverase a utilización de ecoenvases, a través de materiais biodegradables e a eliminación progresiva dos plásticos. Tamén se concederán apoios para a implantación e posta en marcha de proxectos que favorezan a economía circular, a través de actuacións como a reciclaxe.

 

Tal e como explicou Conde, estas axudas diríxense tanto a comerciantes e obradoiros artesanais como a centros comerciais abertos e asociacións de praceiros. Segundo o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, estas medidas demostran como a dixitalización e a innovación axudan á modernización do comercio de proximidade, gañando en competitividade e rendibilidade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress