Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 10 de julio de 2019 | Leída 22 veces

A Xunta somete a información pública a declaración provisional da Torre de Hércules como espazo natural de interese local

As entidades e persoas interesadas en participar no procedemento terán 20 días hábiles, a contar desde mañá, para presentar as súas achegas ao documento. O Concello da Coruña iniciou o trámite de solicitude en xaneiro do ano 2018...

[Img #49051]

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete ao trámite de información pública e audiencia o anteproxecto de orde de declaración provisional do espazo natural de interese local (ENIL) Torre de Hércules. Así se recolle no anuncio publicado onte no DOG, polo que se abre un período de 20 días hábiles contados a partir de mañá para que os interesados poidan consultar o expediente e a devandita orde, así como enviar as alegacións e achegas que estimen oportunas.

 

Con este anuncio, a Consellería de Medio Ambiente dá un paso máis na tramitación deste espazo natural como ENIL, en resposta á solicitude presentada polo Concello da Coruña en xaneiro do ano pasado. Cómpre precisar que a Lei de Conservación da Natureza recoñece os espazos naturais de interese local como unha das categorías en que se clasifican as zonas naturais protexidas e atribúe a súa declaración á consellería competente en materia de conservación da natureza, sempre a petición previa do concello no que se localice, que será sobre o que recaia a responsabilidade e competencia da súa xestión.

 

No caso da Torre de Hércules, a superficie proposta como ENIL ocupa unha extensión de 39,48 hectáreas que abranguerían desde a marxe esquerda da praia das Lapas, pasando pola contorna do monumento da Torre, Punta Herminia e campo dos Menhires, ata a marxe dereita da cala de Durmideiras.

 

Segundo consta na orde que se somete agora a información pública e pola que se declara como ENIL, de xeito provisional, o espazo denominado Torre de Hércules, esta declaración terá validez por un prazo máximo de dous anos, durante o cal o Concello da Coruña deberá de achegar á Consellería de Medio Ambiente o plan de conservación deste espazo.

 

A presentación do devandito documento será un requisito imprescindible para que se produza a súa declaración definitiva como espazo natural de interese local e nel deberanse ter en conta as consideracións feitas e recollidas nos informes sectoriais presentados durante a tramitación e garantir que a xestión que se propoña para o ENIL sexa coherente e compatible coa conservación dos valores existentes.

 

Principais valores naturais e paisaxísticos

Os valores naturais máis salientables deste espazo e que xustifican a súa proposta como ENIL son de tipo paisaxístico e ecolóxico, xa que acolle unha importante mostra de diversidade no contexto do Concello da Coruña. As pozas permanentes e estacionais que se atopan nos rochedos litorais e nos campos, así como o rego da Lagoa, un dos poucos que se conservan no municipio, son outros elementos a resaltar.

 

Así mesmo, tamén foron catalogados sete hábitats de interese comunitario na área considerada e desde o punto de vista da fauna e da flora, destaca a diversidade de aves e insectos, fungos e plantas. Por último, trátase tamén dunha zona relevante por tratarse dun espazo natural moi concorrido e apreciado polos propios coruñeses e os turistas como lugar de paseo e de observación da natureza.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress