Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 10 de julio de 2019 | Leída 32 veces
PSOE

O PSdeG-PSOE considera unha irresponsabilidade que a día de hoxe a xente non cobrara o segundo prazo das becas dos comedores escolares

Unha vez máis, e por enésima vez dende a súa implantación, dende o Grupo Municipal Socialista temos que denunciar a falla de axilidade para o cobro das becas dos comedores escolares que ofrece o goberno do PP en Arteixo...

A día de hoxe a situación é a seguinte: os usuarios que teñen concedida unha beca comedor para o curso pasado -2018/2019- seguen sen ter pagado o segundo prazo de dita beca, á vez que xa finalizou o prazo de solicitude das becas do vindeiro curso 2019/2020.

 

O Grupo Socialista leva anos solicitando novas fórmulas para a concesión e pago dos servizos subvencionados, coa implantación de bonos -ou sistemas similaresque permitan ás familias con dificultades non ter que aboar cantidades por adiantado que, en moitos casos, lles son dificilmente asumibles. A resposta do goberno do PP, despois de moitas denuncias, foi implantar un pago fraccionado en dúas partes, pero faise difícil entender como a estas alturas o segundo pago segue sen estar nos petos dos cidadáns que máis o necesitan, conseguindo que moitas familias teñan que renunciar aos comedores escolares por non ter capacidade económica para esperar tantos meses.

 

Martín Seco:

“Se a Xunta de Galicia pode articular un sistema para que os cidadáns non teñan que adiantar as cuantías dos libros que subvenciona, o Concello de Arteixo, se lle preocupase a cidadanía con problemas económicos, tamén podería facer o mesmo coas nosas becas.”

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress