Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 10 de julio de 2019 | Leída 58 veces
NATACIÓN

Éxitos do Club Natación Arteixo, galego de verán

O Club Natación Arteixo ven de participar durante catro días no Campionato Galego de categorías Infantil, Junior e Absoluta, na piscina de Rías do Sur, en Pontevedra...

[Img #49048]

 

Esta convivencia entre categorías fixo deste evento un bo momento para crear un gran ambiente de equipo e un alto nivel competitivo, alcanzando moi bos resultados nas clasificacións conxuntas, todos entre os dez primeiros de Galicia, destacando un terceiro para as nadadoras absolutas e un cuarto para os nadadores de categoría infantil.

 

O Campionato comezou o xoves pola mañá e durou ata o domingo pola tarde. Todos participaban nas sesións de eliminatorias, nas que ademais se xogaban as medallas junior. Pola tarde nadaron os deportistas que acadaron postos de finalistas absolutos e infantís. O CNA estaba composto por 7 infantís, 4 junior e 7 absolutos (categoría na que tamén puntúan nadador@s das anteriores). Gracias á magnifica actuación de todos eles, e por suposto os resultados das remudas, o club arteixán conseguiu acadar os seguintes postos a nivel de clasificación por equipos: categoría infantil, 4º masculino, 16º feminino e 10º conxunto; categoría junior, 14º masculino, 8º feminino e 10º conxunto; categoría absoluta, 10º masculino, 3º feminino e 8º conxunto.

 

A nivel de equipo cabe destacar os resultados das remudas, nas que os nadadores de categoría infantil acadaron o 4º posto en 4x100 libre, 4x200 libre e 4x100 estilos. As nadadoras absolutas acadaron dúas pratas en 4x50 estilos e 4x50 libre, e remataron o campeonato con un espectacular ouro en 4x100 estilos.

 

A nivel individual, acadáronse un total de 14 medallas. En categoría absoluta, catro ouros e un bronce de Alba Gómez e Antía Gómez. En Junior un ouro e dous bronces, de Nerea Iglesias e Nerea Pazos. En categoría Infantil tres bronces de Miguel Gómez e Antía Gómez. Nas remudas foron tres medallas, un ouro e dúas pratas.

 

Alba Gómez Mesías bateu o Récord do Campionato dúas veces na proba de 200 libre, nas eliminatorias con un tempo de 2.05.14, e nas finais con 2.04.04, marca que a proclamou gañadora do Trofeo Paula Carballido, á mellor puntuación FINA en categoría feminina.

 

Tamén houbo mínimas de Campionatos de España dos irmáns Alba e Miguel Ángel Gómez. Alba, mínimas absolutas en 50 e 400 libre, e Miguel mínima infantil en 100 braza.

 

Gran actuación do equipo referente da natación en Arteixo, que rematará a tempada participando en tres Campionatos de España e coa celebración da tradicional Travesía de Suevos o vindeiro 27 de Xullo.

 

[Img #49049]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress