Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 10 de julio de 2019 | Leída 16 veces
CAMBRE

Cambre suma dous novos aparcadoiros provisionais en Vila Concepción e no campo de fútbol Brexo Lema

O Concello de Cambre acaba de sumar dous novos aparcadoiros provisionais na Casa da Cultura Vila Concepción e no campo de fútbol Brexo Lema...

[Img #49046]

 

As actuacións, que finalizaron a semana pasada, serviron para conseguir máis de 100 prazas novas de estacionamento para os veciños e veciñas de ambas as dúas zonas.

 

Por unha banda, o aparcadoiro de Vila Concepción ten unha superficie duns 500 metros cadrados e conta con 40 prazas para vehículos. O acceso ao parking será desde a vía anexa aos terreos, que discorre en paralelo á Nacional-VI desde Vila Concepción ata a altura da calle Pígara, onde se incorpora á estrada. Pola outra banda, o estacionamento de Brexo Lema dispón doutros 60 ocos para aparcar.

 

Como parte do proxecto, na contorna de Vila Concepción acometeuse a demolición do bordo antigo para substituílo por un rebasable que permitira o acceso ás novas prazas. Así mesmo, acometéronse traballos de roce e acondicionamento do terreo e recheouse con zahorra. No caso de Brexo Lema, rozouse e limpouse a finca completa, situada nun dos laterais do campo, abriuse un camiño de acceso ás prazas e creouse unha explanada de acceso ao aparcadoiro.

 

Ambas as dúas actuacións resolven o problema da falta de estacionamento en ambas áreas, que acumulan gran cantidade de tráfico. Segundo o alcalde, Óscar García Patiño, o obxectivo do equipo de goberno “é seguir incrementando as zonas de estacionamento neutros puntos do municipio”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress