Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 10 de julio de 2019 | Leída 37 veces

O Concello da Laracha crea o primeiro parque infantil da parroquia de Lemaio

Na praza pública xunto á igrexa de Santa Mariña. A actuación é financiada integramente con fondos municipais...

[Img #49045]

 

A parroquia de Lemaio xa conta co seu primeiro parque infantil creado polo Concello da Laracha no interior da praza pública próxima á igrexa de Santa Mariña.

 

Onte o alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Patricia Bello comprobaron persoalmente o resultado dos traballos executados nos últimos días.

 

Os xogos instalados son columpios e caseta con tobogán. As súas estruturas de madeira, así como o tipo de pavimento que permite o crecemento da herba, facilitarán a integración do parque infantil no entorno no que se sitúa.

 

Con esta actuación, que o Concello da Laracha financia integramente con fondos propios municipais, ofrécese un novo servizo para uso e disfrute da veciñanza de Lemaio, parroquia que nos últimos anos rexistrou un incremento no número de familias con nenos.

 

Con este parque infantil xa son un total de 19 os existentes no termo municipal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress