Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 10 de julio de 2019 | Leída 153 veces

O concello de Arteixo acolle as festas patronales coa presencia de artistas como Serafín Zubiri, Mikel Herzog, Gisela o Panorama

O concello tamén sacou a subasta pública as instalacións do bar no campo da festa que sae a subasta a partir dun prezo inicial de 24.000 euros…

[Img #49043]

 

O concello de Arteixo acaba de presentar o programa das festas patronais de Arteixo que se celebrarán entre o 21 e o 27 de xullo. Entre os artistas que actuarán en Arteixo estarán Serafín Zubiri e Mikel Herzog co seu novo espectáculo, Los Satélites, Panorama, Gisela e o seu espectáculo de música xuvenil. Tamén se organizarán actos paralelos como o Festival de Habaneras ou o Torneo de Xadrez. Para os máis pequenos tamén haberá espectáculos como o que mezcla humorismo e acrobacias.

 

Paralelamente, o concello está licitando a instalación do bar da festa, que sale a subasta pública a partir dunha oferta mínima de 24.000 euros. Concretamente,  o importe mínimo a satisfacer pola explotación do bar  do campo da festa durante todos os días de festa será de 24.000,00 € e sobre dita partida á alza deberán de realizar os licitadores a súa oferta. Dito prezo mínimo, poderá ser incrementado á alza, adxudicándose a autorización á mellor oferta, establecéndose a prelación do resto de licitadores de maior a menor canon ofertado. No caso de empate resolverase por sorteo público entre os empatados e na mesma sesión da mesa de contratación na que se procede á apertura de plicas. O importe deberá ser aboado integramente no prazo de 5 días hábiles seguintes a adxudicación do contrato.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress