Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 9 de julio de 2019 | Leída 51 veces

A instalación da pasarela de Marineda fará necesario o corte de tráfico hoxe en horario nocturno neste treito da estrada AC-552

O corte realizarase entre o punto quilométrico 0+550 e 1+100 da estrada, dende hoxe ás 22 horas ata o mércores ás 7 horas, cun desvío alternativo sinalizado. A intervención iniciarase hoxe na parte correspondente ao tramo da zona da Grela e rematará a vindeira semana coa colocación do treito situado na área de Marineda. Estes traballos efectúanse en horario nocturno para minimizar o impacto no tráfico e causar menores afeccións. As obras están enmarcadas nunha actuación integral da Xunta que ten por obxectivo mellorar a mobilidade nesta zona tan concorrida, entre o polígono de A Grela e o centro comercial Marineda...

[Img #49039]

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará hoxe a instalación da pasarela de Marineda, o que fará necesario o peche ao tráfico en horario nocturno neste treito da estrada AC-552.

 

A intervención iniciarase hoxe na parte correspondente ao tramo da zona da Grela e rematará a vindeira semana coa colocación do treito situado na área de Marineda.

 

Para acometer esta actuación será preciso un corte total da circulación entre o punto quilométrico 0+550 e 1+100 da estrada, dende hoxe ás 22 horas ata o mércores ás 7 horas.

 

Estes traballos programáronse en horario nocturno para minimizar o impacto no tráfico e causar menores afeccións. Ademais, o desvío alternativo estará axeitadamente sinalizado para facilitar a mobilidade.

 

As obras están enmarcadas nunha actuación integral da Xunta que ten por obxectivo mellorar a mobilidade nesta zona tan concorrida, entre o polígono de A Grela e o centro comercial Marineda.

 

Para isto, ademais dunha senda peonil e ciclista, executarase unha pasarela elevada duns 200 metros de lonxitude, ao carón do centro comercial, que comunicará ambas as marxes da estrada autonómica.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress