Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 9 de julio de 2019 | Leída 24 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña busca os mellores lugares da provincia para ler este verán

A Biblioteca Provincial e a área de Turismo convocan a VII edición do concurso de verán #HoxeLeoEn para animar á lectura e promocionar o turismo. O premio á mellor fotografía será unha viaxe cultural a unha capital europea...

[Img #49028]

A Deputación da Coruña busca os mellores lugares da provincia para ler este verán. A Biblioteca Provincial e a área de Turismo convocan a sétima edición do concurso de verán #HoxeLeoEn para animar á lectura durante o periodo estival e promocionar as mellores paisaxes da provincia para facelo.

 

Para participar no concurso só se require ser maior de idade. Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías nas que amosen o libro que están lendo e o seu lugar favorito da provincia para gozar da lectura durante o verán.

 

As fotos deben indicar o lugar onde se toma a imaxe e o libro e autor/a do mesmo e difundirse a través das redes sociais Twitter, Facebook ou Instagram, seguindo e mencionando a @bibliodacoruna e @DACTurismo e incorporando a etiqueta #HoxeLeoEn. Tamén poden enviarse directamente por correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal.

 

O prazo de presentación das fotografías vai do 8 de xullo ao 31 de agosto, ambos os dous incluidos. O premio consistirá nunha viaxe cultural a unha capital europea para dúas persoas.

 

A persoa que resulte galardoada no sorteo recibirá a comunicación do premio o día 9 de setembro polo mesmo medio no que participou, e/ou polos datos de contacto remitidos obrigatoriamente por correo electrónico.

 

A data do acto de entrega do premio, que terá lugar na Biblioteca da Deputación da Coruña, será anunciada xunto co nome da persoa gañadora o día 9 de setembro. É requisito imprescindible para a aceptación do premio a recollida presencial deste no acto público que se detallará o día do anuncio do nome da persoa gañadora.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress