Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 9 de julio de 2019 | Leída 45 veces

A segunda quenda dos campamentos municipais de verán conta con 45 participantes

De idades comprendidas entre os doce e os quince anos. Realizarán actividades en Caión e noutras localidades ata o venres...

[Img #49027]

 

Onte comezou a desenvolverse a  segunda quenda dos campamentos que cada verán organiza o Concello da Laracha. Do mesmo xeito que sucedeu a semana pasada co primeiro grupo, a praia de Caión será o escenario da maioría das actividades que se están a levar cabo cos corenta e cinco participantes, todos eles de idades comprendidas entre os doce e os quince anos.

 

Hoxe recibiron en Caión a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Ensino, Cultura, Deportes e Mocidade, Patricia Bello, que lles deron a benvida.

 

Cada día o autobús cos rapaces e os monitores sae da praza do Concello ás 10:00 horas e regresa 18:00. A parada para o xantar nas instalacións das antigas escolas da Insua de Caión é ás 14:00. Durante toda a semana os participantes realizan moi diversas actividades lúdicas, recreativas, educativas, culturais e deportivas.

 

Nesta primeira xornada realizan un cursillo de iniciación ao surf e diversas actividades na praia. Mañá haberá unha saída ao parque acuático de Cerceda. O mércores, xogos na praia de Caión e obradoiros de ocio e educativos. O xoves volverán desprazarse, neste caso a Abegondo, para realizar unha xornada multiaventura. E o venres porase o punto e final cunha ruta de sendeirismo e carreiras de orientación.

 

Neste campamento o Concello da Laracha asume os custos do transporte, do xantar e de todas as actividades que se realizan no termo municipal da Laracha.

 

Todos os anos o Concello da Laracha aposta por celebrar estes campamentos no marco do programa cultural e deportivo de verán aproveitando as instalacións municipais existentes en Caión e as características da vila, que permiten organizar un amplo abano de actividades nesta época do ano. Ademais de ofrecer ao nenos a posibilidade de divertirse practicando deporte e realizando actividades de tipo educativo, os campamentos son tamén unha importante axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos seus pais durante as vacacións nos centros educativos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress