Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 5 de julio de 2019 | Leída 42 veces

A Laracha, na cabeza dos concellos de Bergantiños con maior taxa de doazón de sangue

Con 48 doazóns anuais por cada mil habitantes. A campaña de verán iniciarase a semana que vén coa presenza da unidade móbil na Praza do Concello o martes e o mércores...

[Img #48996]

 

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López, presentaron onte no Salón de Plenos –xunto á concelleira de Sanidade, Rocío López- a campaña de verán de doazón de sangue que, como sempre, conta co impulso e a colaboración municipal.

 

Segundo os datos achegados por ADOS, o Concello da Laracha sitúase á cabeza dos municipios de Bergantiños con maior taxa de doazón ao alcanzar no ano pasado as corenta e oito por cada mil habitantes, situándose nove puntos por riba da media galega e atopándose dentro das recomendacións da Organización Mundial da Saúde. A cifra total de doazóns realizadas na Laracha en 2018 foi de 539.

 

O alcalde agradeceu “a implicación dos laracheses” porque “co xesto tan sinxelo de doar estamos axudando a salvar vidas cada día nos hospitais galegos”. Para López Varela as cifras de doazón “falan por si mesmas da solidariedade da nosa veciñanza” e considera que “deben ser un aliciente para que as persoas que nunca doaron, en especial os mozos, se animen a facelo”. Por último, o rexedor local mostrou a plena disposición do Concello da Laracha a colaborar con ADOS, lembrando que está en marcha unha campaña informativa que inclúe buzoneo -repartiranse en torno a dúas mil cartas nas vivendas-, bandos municipais e difusión nas redes sociais, web municipal e pantallas informativas.

 

Marisa López agradeceu “a continua colaboración que nos presta o Concello da Laracha en cada campaña que realizamos para dar visibilidade ás nosas iniciativas e cedéndonos durante todo o ano espazos céntricos e accesibles para as unidades móbiles”.

 

A directora de ADOS lembrou que “o verán é a época de maior dificultade pola cantidade de urxencias que se deben atender” e pediu aos doantes “que aproveiten para facelo antes de marcharse de vacacións”. Ademais, referiuse ao grupo 0+ como “o que ten as reservas un pouco máis baixas, pero temos necesidades en todos os tipos”.

 

Por último, informou que, ademais da presenza das unidades móbiles cada mes na Laracha e puntualmente en Paiosaco e Caión, realizaron por primeira vez unha campaña específica no polígono industrial e que, tralos bos resultados obtidos, volverase facer co apoio das empresas implantadas nese ámbito.

 

Co propósito de facilitar e promover a doazón de sangue no municipio, todos os meses do ano desprázase ata a Praza do Concello da Laracha unha unidade móbil de ADOS. O martes e o mércores da próxima semana estará en horario de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde. Os únicos requisitos para doar son ter entre 18 e 65 anos, pesar máis de 50 quilos, ter unha saúde normal e superar as probas de tensión e niveis de hemoglobina que se fan na propia unidade móbil.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress