Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 30 de junio de 2019 | Leída 59 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

Entrega dos premios do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

O Teatro Colón acolleu na noite de onte a gala de clausura e entrega de premios do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña...

[Img #48960]

 

Un total 1.155 actores e actrices de todas as idades pasaron polos escenario do teatro do IES Calvo Sotelo representando 84 obras teatrais ao longo destes case tres meses de duración do certame.

 

A gala estivo presentada e conducida pola compañía Pista Catro e amenizada polo grupo musical Aló Djangó e a entrega dos diferentes premios correu a cargo do deputado Xosé Regueira e de actrices e profesionais vinculados ó mundo do teatro e o audiovisual galego.

 

Premios máis destacados

  • Mellor obra benxamín: “El sol llega tarde”. Grupo Ébano. Colexio Liceo La Paz
  • Mellor obra infantil: “A cousa que maís doe do mundo”. CEIP de Tarrío
  • Mellor obra cadete: “Los locos de Lope de Vega”. Telón de Aquiles. IES Monte das Moas
  • Mellor obra xuvenil: “Bacantes”. Noite Bohemia.
  • Mellor obra senior: “Escenas escollidas”. A Tenencia Teatro- Agrupación Instructiva de Cacamouco

 

Tamén se entregaron premios nas diferentes categorías aos mellores actores e actrices, á mellor actuación de reparto e á mellor dirección artística, ademáis dun premio de honra á deputada Ánxela Franco, falecida hai escasas semanas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress