Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 27 de junio de 2019 | Leída 15 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña acolleu o último pleno do actual mandato

A corporación lembrou á deputada Ánxela Franco, falecida o pasado 2 de xuño...

[Img #48936]A Deputación da Coruña acollleu onte o último pleno do actual mandato, unha sesión de trámite para a aprobación das actas que serviu tamén como despedida da corporación. A sesión incluiu unha lembranza da deputada Ánxela Franco, falecida o pasado 2 de xuño.

 

O presidente en funcións, Valentín González Formoso, agredeceu “a conxunción de traballo e compromiso” tanto dos traballadores e traballadoras da Deputación coma dos políticos “que fai desta unha institución eficiente ao servizo da cidadanía”.

 

“Esta corporación foi  o que a xente quixo que fora”, afrmou González Formoso, que destacou que, a pesar “das posicións políticas moi diferentes tivemos a capacidade de pór por enriba de todo os intereses xerais da provincia”:

 

“Escasean os foros políticos neste país onde o entendemento sexa o motor da institución, e neste caso na Deputación non fallamos a ese compromiso, que debemos seguir aboando porque deixa moi bós froitos”, afirmou.

 

Homenaxe a Ánxela Franco

Un ramo de flores no seu escano e un minuto de silencio lembraron neste último pleno da corporación á deputada Ánxela Franco, falecida o pasado día 2 de xuño. Tanto o presidente da Deputación, Valentín González Formoso como a vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, interviron no pleno para destacar a honestidade, valentía e compromiso de Ánxela Franco.

 

González Formoso destacou da deputada que dirixiu a área de Benestar Social, Educación e Igualdade, a súa "defensa do interese xeral, honestidade consigo mesma e a sociedade" e definiuna como unha "persoa sinceira, que nunca deixou de dicir o que pensaba, un orgullo tela como compañeira e amiga".

 

Pola súa parte, Goretti Sanmartín, mostrou a tristeza pola ausencia dunha muller que retratou como "temperamental, profundamente emocional, comprometida, inmensamente traballadora, capaz de empatizar con quen se achegaba a ela e tamén de mostrar o seu xenio cando era necesario".  Afirmou tamén que a figura de Ánxela Franco "dignifica a vida política e sitúase no polo oposto daquelas persoas que tiran dela proveito persoal".

 

"Ánxela Franco era unha muller do pobo, que sabía ben os intereses que defendía, os das persoas que máis o precisaban como o demostrou no seu traballo intenso na Deputación desde a área de Benestar Social e Igualdade que tanto defendeu porque consideraba que revertía directamente na calidade de vida da xente", sinalou Goretti Sanmartín que lembrou tamén como a deputada non puido asistir ao anterior pleno mais mandou nese mesmo día unha mensaxe ao seu grupo dicindo que volvería "con todo o xenio".

 

"Deunos unha lección de dignidade e xenerosidade tamén na súa propia morte, sentiremos a súa ausencia", rematou, agradecendo tamén o apoio de toda a corporación, do conxunto de grupos políticos que "nos arrouparon neste tempo tanto ás persoas do grupo do BNG como a propia familia".

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress