Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 23 de junio de 2019 | Leída 15 veces

O Concello crea un novo paso para peóns na avenida Fisterra

No tramo urbano da AC-552 ao seu paso pola capital municipal. O proxecto de mellora da seguridade viaria, que incluíu outra serie de actuacións, está valorado en máis de 70.000 euros...

[Img #48911]Dentro do proxecto de mellora da seguridade viaria na Avenida Fisterra da Laracha, o tramo urbano da estrada AC 552 ao seu paso pola capital municipal, o Concello da Laracha vén de crear un novo paso para peóns á altura da rúa Canta La Rana. Trátase dunha área residencial e comercial na que existen paradas de autobuses con marquesiñas a ambos lados da calzada e onde hai unha distancia considerable ata o seguinte paso de cebra en calquera das dúas direccións.

 

Antes do pintado do novo paso para peóns foi preciso adaptar a beirarrúa nese tramo para facilitar a accesibilidade. Ademais, foi instalada a correspondente sinalización vertical do mesmo tipo que no resto de pasos de cebra existentes na vía.

 

Nunha fase anterior –xa realizada- do desenvolvemento deste mesmo proxecto fora renovado o pavimento dos espazos reservados para o aparcamento público de vehículos nun ámbito superior aos dous mil metros cadrados de superficie, incluíndo o remarcado da zona azul e a reorientación do estacionamento en determinados puntos da vía para reforzar a seguridade.

 

A actuación completarase nos próximos días coa recolocación ao nivel da estrada dos rexistros, tapas e cubertas de todos os servizos (electricidade, recollida de pluviais, saneamento, abastecemento, gas, telecomunicacións, iluminación pública, etc).

 

Este proxecto de mellora da seguridade viaria na que é a estrada que presenta un maior volume de tráfico do municipio está valorado en preto de 70.000 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress