Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 22 de junio de 2019 | Leída 58 veces

O centro interxeracional de Arteixo celebra unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as súas instalacións

Este equipamento conta na actualidade con 61 usuarios na residencia e 29 no centro de día...

[Img #48908]

 

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou onte na xornada de portas abertas do centro de día e residencial de Arteixo, incluídos na rede de centros de atención a persoas maiores da Xunta de Galicia.

 

Durante a visita, Perfecto Rodríguez destacou o bo funcionamento do centro desde a súa posta en servizo, pois é un referente na atención a persoas de máis idade e dependentes. Este equipamento, que entrou en funcionamento a comezos de ano, ten na actualidade unha ocupación de 61 usuarios na residencia e de 29 no centro de día. Ademais conta cunha escola infantil de 82 prazas.

 

Coa celebración desta xornada preténdese que as veciñas e veciños, ademais de familiares, coñezan as instalacións e o funcionamento do centro. No transcurso da mesma celebráronse obradoiros de produción de xabóns e de elaboración de ramiños de San Xoán. Durante a tarde, os participantes poderán desfrutar de actuacións musicais e dunha merenda.

 

O xerente do Consorcio subliñou a importancia da cooperación entre administracións e entidades, que, como neste caso, permitiu poñer á disposición das galegas e galegos este centro interxeneracional que facilita tanto a conciliación das familias como o coidado dos nosos maiores e pequenos. Neste sentido, recordou que este centro foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, do concello de Arteixo e da Fundación Amancio Ortega que financiou a súa construción.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress