Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 22 de junio de 2019 | Leída 16 veces

O curso escolar comezará o 11 de setembro para 2º ciclo de Infantil, Primaria e Educación Especial, e o día 16 dese mes para o alumnado de ESO, Bacharelato e FP

O calendario escolar para o curso 2019/20 xa se pode consultar no portal da Consellería de Educación...

[Img #48906]Á falta da súa publicación os vindeiros días no DOG (previsiblemente o día 28), o calendario escolar para o vindeiro curso 2019/20 para os centros educativos sostidos con fondos públicos xa está dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

Deste xeito, para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán o día 11 de setembro de 2019 e rematarán o 19 de xuño de 2020; mentres que para os matriculados en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial o día de inicio de curso será o 16 de setembro e se prolongará ata o 19 de xuño de 2020.

 

Así mesmo establécense como períodos vacacionais Nadal (desde o 21 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive); Entroido (os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020) e Semana Santa (desde o 4 ata o 13 de abril de 2020). Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 31 de outubro de 2019.

 

Dita Orde tamén recolle o calendario para o funcionamento dos comedores escolares dos centros públicos, que en Educación Primaria funcionarán desde o 11 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020; e en ESO desde o 16 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress