Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 13 de junio de 2019 | Leída 17 veces

O Concello inicia a campaña anual de desbroce nas cunetas das estradas municipais

Co propósito de frear a crecida da vexetación nas cunetas. Actuarase tanto na rede viaria como en parcelas e terreos de titularidade municipal. O investimento total alcanza os 80.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais...

[Img #48787]A campaña de desbroce das vías municipais xa está en marcha no Concello da Laracha co obxectivo de eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas. Os traballos comezaron a executarse despois de que o pasado venres se completase o procedemento de contratación do servizo, que suporá un desembolso de 80.000 euros procedentes integramente de fondos municipais.

 

As primeiras actuacións estanse a desenvolver na parroquia de Lestón, incluíndo o núcleo urbano de Paiosaco, e a continuación levaranse a cabo en Lendo, Coiro e Soandres. Posteriormente realizaranse estes mesmos traballos nas outras nove parroquias.

 

Os labores de roza da rede viaria municipal son un servizo que permite frear o crecemento da vexetación nas cunetas, mellorando a visibilidade dos condutores e viandantes e reforzando a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público nas estradas.

 

Do mesmo xeito que en pasados exercicios, a campaña de desbroce afectará a todas as estradas, vías, pistas asfaltadas e camiños forestais que existen no municipio e que en total superan os seiscentos quilómetros lineais. Tamén se contempla a limpeza das parcelas e terreos de titularidade municipal que non están incluídos no contrato do servizo de limpeza e mantemento de zonas verdes. En total alcanzan unha superficie de 150.000 metros cadrados.

 

A decisión do Concello da Laracha de dividir o servizo en catro lotes posibilitará axilizar a execucións das actuacións previstas, que se prolongarán durante os próximos meses.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress