Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 12 de junio de 2019 | Leída 21 veces

Os concellos adheridos á convocatoria centralizada de oposicións á policía local xa poden contratar aos auxiliares

Un total de 37 concellos delegaron na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o proceso de selección de candidatos para 155 prazas de auxiliares...

[Img #48784]

 

Os 37 concellos que delegaron na Xunta as súas competencias para acometer o proceso de selección de auxiliares de policía local xa poden contratar aos candidatos que pasaron as probas e realizaron o curso de capacitación. En total, a través desta vía cubriranse un total de 155 prazas, que foron as vacantes comunicadas polas propias entidades locais.

 

Durante o mes pasado, realizáronse as probas físicas e teóricas. As persoas que as superaron, participaron durante os pasados días nun curso de carácter obrigatorio no que abordaron materias como o dereito procesual-penal, policía administrativa, ética e principios básicos de actuación, primeiros auxilios, seguridade viaria e regulación de tráfico.

 

Logo de rematar esta formación, os candidatos procederon estes días á elección de destinos, polo que os concellos xa poden proceder á súa contratación. Cómpre destacar, ademais, que hai confeccionada unha lista de reservas, polo que se poden cubrir todas as prazas aínda que haxa renuncias.

 

No mes de abril publicouse a convocatoria do segundo proceso unitario para a selección de postos de auxiliares de policía local, proceso que remata coa adxudicación definitiva de ditos postos. Os concellos diferentes son A Cañiza, A Estrada, A Fonsagrada, A Guarda, A Illa de Arousa, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Barbadas, Bergondo, Betanzos, Bueu, Cangas, Carballo, Cedeira, Malpica de Bergantiños, Marín, Meaño, Melide, Negreira, Nigrán, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, O Grove, Oleiros, Ortigueira, Poio, Ponteareas, Redondela, Rianxo, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Sarria, Soutomaior. Tomiño, Valdoviño, Vilagarcía de Arousa e Xinzo de Limia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress