Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 12 de junio de 2019 | Leída 36 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

O bicampeón olímpico Alberto Juantorena repasa na Deputación a súa carreira deportiva

Un dos grandes mitos da historia do atletismo encheu onte pola tarde a sala Juanjo Gallo para falar da súa experiencia...

[Img #48783]

 

O exatleta cubano e doble campión olímpico Alberto Juantorena participou onte pola tarde na sede da Deputación da Coruña nunha charla-coloquio na que compartiu co numeroso público asistente anécdotas e vivencias da súa carreira deportiva. O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, foron os encargados de introducir o acto e explicar como xurdiu a idea de traer a Juantorena a Galicia.

 

Especialista en probas de 400 e 800 metros, Juantorena foi o primeiro atleta que conseguiu proclamarse campión olímpico de ambas especialidades nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976, un fito que ningúen conseguiu igualar até o día de hoxe.

 

“Unha gran fazaña ten moito de sorte, pero tamén moito traballo detrás”, afirmou o atleta, que explicou as súas duras rutinas de entrenamento  e desatacou que foi o único atleta que correu o horario completo nunha Olimpiada. “Era o único que corría todos os días”, afirmou Juantorena, que contou a historia de cómo tivo que mudar a súa paixón polo baloncesto polo mundo do atletismo grazas ao apoio e os consellos do entrenador polaco Zabierzowski, co que deseñou a estratexia que lle permitu gañar en dúas probas con entrenamentos e cualidades moi diferentes, unha de velocidade e outra de mediofondo, un fito que ninguén volveu a conseguir nunhas olimpiadas.

 

“Estou mal feito para os pantalóns pero ben feito para o deporte”, apuntou Juantorena (1,90 metros de altura), cuxa prodixiosa zancada de 2,70 metros resultou ser unha gran vantaxe na súa carreira no mundo do atletismo.  

 

Juantorena, que lembrou as súas raíces familiares en España, agradeceu a oportunidade que lle deu Cuba de formarse e convertirse en deportista profesional e destacou a importancia de que os países invistan “en educación física e en educación primaria”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress