Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 12 de junio de 2019 | Leída 20 veces
SADA

O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de 4 traballadores no Concello de Sada

O BOP publicou as bases do programa PEL-Concellos para a selección de dous albaneis oficiais de segunda e dous peóns...

[Img #48780]

 

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte as bases do proceso selectivo para a contratación temporal 4 traballadores/as no Concello de Sada. As prazas corresponden a dous oficiais albaneis de 2ª e dous peóns, cuxos custos laborais e de Seguridade Social asume a Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

 

Os catro operarios seleccionados serán contratados por un período de seis meses e realizarán obras e traballos de acondicionamento e mellora de diversas infraestruturas titularidade municipal.

 

As instancias deben presentarse no prazo de cinco días hábiles contados a partir de hoxe. Destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral

 

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

 

Así mesmo, a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

 

Dentro destes colectivos, outorgaranse puntos extra a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress