Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 12 de junio de 2019 | Leída 23 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

O programa Suprime o Control remata os encontros con familias en nove concellos

A iniciativa da área de Benestar Social e Igualdade diríxese a adolescentes e aos seus entornos familiares. O programa "Suprime o Control" promovido pola área de Servizos Sociais e Igualdade da Deputación da Coruña pecha agora o ciclo de encontros con familias que se desenvolveu en nove concellos e presentará en breve a curtomatraxe gañadora do concurso "Se oprime, suprime"...

[Img #48779]Os concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño acolleron os encontros coas familias realizados a través do programa socioeducativo de prevención da violencia machista, "Suprime o Control" da Deputación da Coruña.

 

O programa aposta pola prevención da violencia de xénero entre adolescentes dos centros educativos públicos de secundaria da provincia da Coruña cun duplo obxectivo, dirixirse á mocidade e tamén aos seus entornos familiares.

 

Por unha banda, "Suprime o control" achegouse ao alumnado de 3º e 4º da ESO a través de obradoiros coeducativos, os cales foron realizados nos meses de xaneiro, febreiro e marzo e, pola outra, implica ás familias para ofrecer coñecementos acerca dos diferentes tipos de violencia de xénero, e para dotar de pautas a nais e pais na detección e afrontamento de relacións tóxicas no seo das parellas adolescentes.

 

Nesta anualidade, os encontros coas familias realizáronse nos concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, coa colaboración dos respectivos centros educativos e das corporacións locais. En total, participaron nestes encontros 73 persoas, sendo o 84% mulleres e o 16% homes.

 

Curtametraxe do concurso "Se oprime, Suprime"

As cuestións que máis interese suscitaron ás familias foron as relacionadas coa identificación de actitudes e condutas controladoras nos seus fillos e nas súas fillas, como manter dinámicas de comunicación cas e cos adolescentes baseadas na confianza e nas relacións cara a cara,  e como instaurar nas unidades de convivencia pautas que permitan asesorar á xente moza para non caer en relacións tóxicas.

 

Tamén no vindeiro mes verá a luz a curtametraxe realizada con motivo do concurso de microrrelatos "Se oprime, Suprime", dentro do propio programa Suprime o Control, para incentivar a creatividade do alumnado na loita contra as violencias machistas. O relato gañador versa sobre a diversidade afectivo sexual e a falta de comprensión que, en ocasións, aínda se encontra a este respecto na nosa sociedade, e foi elaborado por alumnado do CPI de Atios de Valdoviño.

 

O programa "Suprime o control" xunto con "Quen dixo medo?" son dúas iniciativas da área de Igualdade e Servizos Sociais para concienciar e previr a violencia machista.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress