Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 12 de junio de 2019 | Leída 25 veces

Eventos Deportivos

Xornada de convivencia actividades extraescolares. II Xornadas de judo concello de Arteixo...

Xornada de convivencia actividades extraescolares
Este xoves 13 de xuño, terá lugar a habitual Convivencia de Actividades Extraescolares que pon o broche final ao programa de actividades extraescolares tanto deportivas, como educativas, que se realizan nos centros escolares ao longo do curso. Esta actividade será no campo de fútbol de herba artificial de Arteixo en horario de 17.00h a 20.00h, no que se darán cita centos de nenas e nenos dos centros educativos do concello para disfrutar das diferentes actividades e xogos que haberá preparados.

II Xornadas de judo concello de Arteixo
Por segundo ano consecutivo, celébranse estas xornadas de formación que organiza a Federación Galega de judo, e que están dirixidas a profesores de judo para complementar os seus coñecementos. Será no Pazo dos Deportes o sábado 15 en horario de mañá e tarde, e o domingo 16 de xuño en horario de mañá.

11ª Xuntanza de judo
Este domingo 16 de xuño, no Pazo dos Deportes e en horario de 12:30h a 13:30h, terá lugar a Xuntanza de Judo, un evento no que participa o alumnado da actividade extraescolar de judo que ten lugar nos centros educativos ao longo de todo o curso. Esta actividade supón a clausura da tempada, onde as nenas e nenos que participan, amosarán parte do aprendido ao longo do ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress