Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 11 de junio de 2019 | Leída 56 veces
NATACIÓN

O equipo Máster do CNA laureado con 18 medallas

O equipo máster do Club Natación Arteixo participou esta fin de semana no Campionato Galego de verán en Ourense, na Piscina de Rosario Dueñas, de 50 metros…

[Img #48773]

 

Obtivo moi bos resultados tanto a nivel individual como de equipo, mellorando un posto na clasificación conxunta respecto á tempada pasada neste mesmo campionato, acadaron o 8º posto conxunto, 10º masculino e 8º feminino.

 

Asistiron un total de catorce deportistas, oito nadadores e seis nadadoras, que conseguiron moi bo nivel de marcas e un total de dezasete medallas en probas individuais, sete ouros, catro pratas e seis bronces.

 

Participaron en remudas masculinas, femininas e mixtas, destacando nos seus resultados unha medalla de prata en 4x50 estilos +240 mixta.

 

O nadador máis veterán do Club, Ramón Folchg, bateu dous récords galegos da categoría +80, nas probas de 50 libre e 50 costas, esta última feita na primeira posta da remuda de estilos.

 

A ilusión, a dedicación e o compromiso destes deportistas, está conseguindo que o Club Natación Arteixo siga a medrar no mundo da natación máster e que sexa exemplo de superación para todo o equipo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress