Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 11 de junio de 2019 | Leída 22 veces

A Mesa de contratación clasificou as ofertas para a execución do proxecto de mellora dos accesos á praia de Caión

Ampliarase a plataforma da calzada para habilitar dous carrís diferenciados, un por cada sentido de circulación. Crearase un itinerario peonil desde a Avenida da Laracha ata o areal. O proxecto está valorado en 75.309,58 euros e será cofinanciado entre o Concello da Laracha e a Deputación da Coruña...

A Mesa de Contratación do Concello da Laracha reuniuse onte para proceder á apertura de plicas e clasificar as ofertas presentadas polas oito empresas que optan á execución do proxecto de mellora dos accesos á praia de Caión desde a Avenida da Laracha. Nos próximos días as obras serán adxudicadas pola Xunta de Goberno Local e, a continuación, estarase en disposición de iniciar os traballos.

 

A actuación prevista inclúe tanto a mellora dos itinerarios para viandantes como do ámbito de circulación dos vehículos. Así, a plataforma da calzada será ampliada para poder dispoñer de dous carrís diferenciados, un por cada sentido de circulación. Deste xeito facilitaranse as comunicacións tanto en dirección de entrada ao areal como de saída e evitarase desviar o tráfico polo núcleo de A Pedreira durante o verán, resolvendo as molestias que iso supoñía para a veciñanza desa zona. Tamén se contempla a sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria en todo o ámbito.

 

Ademais, crearase un espazo peonil de 250 metros de lonxitude que conectará coa beirarrúa existente na Avenida da Laracha, dándolle continuidade ata a praia, o que suporá unha mellora substancial dos accesos a pé.

 

O proxecto está valorado en 75.309,58 euros e será cofinanciado entre o Concello da Laracha e a Deputación da Coruña. Para poder levar a cabo esta actuación o Concello adquirira previamente os terreos afectados pola actuación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress