Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 8 de junio de 2019 | Leída 12 veces

Feijóo afirma que a Xunta seguirá acompañando ao sector forestal con máis de 11 millóns neste 2019 para modernizar maquinaria, mellorar tecnoloxicamente e impulsar a formación especializada

Salienta os bos rexistros que está marcando esta industria en Galicia, que só no primeiro trimestre de 2019 xa ten exportado un 5,7% máis que no mesmo período do ano anterior. Lembra que o sector xera máis de 20.300 empregos directos na Comunidade. Resalta o potencial desta industria que abrangue desde a primeira transformación da madeira, ata as enerxías renovables ou o deseño en madeira a través do contract. Ademais dunha Estratexia de formación específica para o forestal para formar a máis de 5.300 alumnos, asegura que a Xunta seguirá apostando por iniciativas como as Unidades Formativas...

[Img #48761]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou onte que a Xunta seguirá acompañando ao sector forestal cunha achega de máis de 11 millóns de euros neste 2019 para modernizar maquinaria, mellorar tecnoloxicamente os seus procesos e produtos e ofrecer formación especializada.

 

Durante unha visita ás instalacións de Finsa, Feijóo destacou os bos rexistros que está marcando esta industria en Galicia, que supón máis de 20.300 empregos directos, e que vén de acadar cifras récord: superando en 2017 os 2.240 millóns de euros de facturación; e superando, ese mesmo ano, os 8,5 millóns de metros cúbicos de madeira cortada.

 

En 2018, Galicia liderou, xunto con Cataluña, as exportacións do sector da madeira, con máis de 1.000 millóns de facturación. E, só no primeiro trimestre de 2019, xa ten exportado un 5,7% máis que no mesmo período do ano anterior.

 

Así mesmo, fixo fincapé no potencial desta industria, na que empresas como Finsa están abrindo camiño. Non en van, trátase dun sector extenso, por todo canto abrangue a cadea monte-industria e que tanto se pode vincular a todo o relativo coa primeira transformación da madeira, como ás enerxías renovables ou ao deseño en madeira a través do contract”, sinalou.

 

Innovación e formación

Sobre este punto, referiuse a Financiera Maderera S.A. como unha empresa tractora. Así, Finsa é na actualidade a maior empresa do sector da madeira en España e unha das maiores de Europa que: conta con 12 plantas -5 delas en Galicia-, dá emprego a máis de 3.000 persoas –o 50% en Galicia-, o seu volume de negocio anual chega case aos 1.000 millóns, e ten presenza internacional en 83 países. “Unha empresa tractora nun sector vital para a economía galega”, abundou.

 

Ao longo da visita, o responsable do Goberno autonómico aseverou que as cifras que está acadar esta industria son froito ademais do esforzo compartido coa Administración autonómica, lembrando a posta en marcha da Axencia Galega da Industria Forestal, unha canle directa para xestionar e atender os desafíos do sector.

 

Nesta liña, aseverou que non hai máis que botar unha ollada aos proxectos nos que, neste momento, traballa esta empresa para facerse unha idea de cales son os retos de futuro nos que está inmerso o sector.

 

Ao respecto, e co obxectivo de incorporar as tecnoloxías dixitais propias da Industria 4.0, lembrou que Finsa, coa axuda do programa Fábrica Intelixente da Xunta, está desenvolvendo un proxecto para dixitalizar as súas plantas. Un proxecto que lle vai permitir: aumentar a produtividade máis dun 15%; mellorar a eficiencia no contorno do 15% e incrementar o volume de negocio en máis do 10%.

 

No tocante ao reto da I+D+i, explicou que esta empresa, ademais de contar cun departamento específico e cunha área de enxeñaría onde concentra todo o labor de investigación e de desenvolvemento de novos produtos, esta a desenvolver xunto coa USC e o Instituto Pemade (Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural) do Campus de Lugo, unha Unidade Mixta onde se investiga sobre o emprego da madeira como elemento construtivo, máis aló do seu valor estético ou ornamental. “Unha liña de traballo que, agora, seguiremos promovendo desde a Xunta a través de novas medidas que impulsará a Axencia Galega da Industria Forestal”, aseverou.

 

Por último, e en relación á formación, Feijóo recordou que ademais da elaboración dunha Estratexia de formación específica para o forestal, co fin de formar a máis de 5.300 alumnos, en 62 centros de formación que impartan certificados de profesionalidade, a Xunta conta con iniciativas como as Unidades Formativas en Empresas, un programa pioneiro de formación á carta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress