Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 8 de junio de 2019 | Leída 27 veces

A campaña de desbroce de cunetas nas estradas municipais comezará a semana que vén

Trala formalización dos contratos coas catro empresas adxudicatarias. O servizo está valorado nun total de 80.000 euros. Actuarase na totalidade das vías de titularidade municipal, comezando pola parroquia de Lestón...

[Img #48758]A campaña de desbroce das cunetas das vías municipais iniciarase a próxima semana despois da formalización dos contratos coas empresas que resultaron adxudicatarias –Jardincelas, Galaica, Xalo e Forpón- dos catro lotes nos que o Concello da Laracha dividiu o servizo para facilitar e axilizar o desenvolvemento das actuacións.

 

José Ramón Martínez Barbeito, tenente alcalde, e representantes de ditas empresas formalizaron os contratos que permitirán comezar os traballos de xeito inmediato, afectando as primeiras actuacións, que comezarán na próxima semana, á parroquia de Lestón –incluíndo o núcleo urbano de Paiosaco- e, a continuación, a Lendo. Posteriormente actuarase nas outras once.

 

O desbroce na rede viaria municipal é un servizo que se desenvolve co propósito de frear o crecemento da vexetación nas cunetas, mellorar a visibilidade dos condutores e viandantes e reforzar a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público nas estradas.

 

Do mesmo xeito que en pasados exercicios, a campaña de desbroce afectará a todas as estradas, vías, camiños e pistas asfaltadas de titularidade municipal que existen no Concello. Por tanto, durante os próximos meses acometeranse estes traballos nunha distancia superior aos cincocentos quilómetros. Ademais, un dos lotes inclúe a limpeza das parcelas municipais que non están contempladas no contrato do servizo de mantemento e conservación de zonas verdes e que alcanzan, en total, unha superficie de 150.000 metros cadrados.

 

O Concello da Laracha inviste con fondos propios municipais un total de 80.000 euros nesta campaña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress