Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 8 de junio de 2019 | Leída 87 veces

Xornadas de convivencia actividades extraescolares

O curso 2018/2019 remata cunha participación de máis de 1.200 estudiantes inscritos nas actividades extraescolares ofertadas polos departamentos de educación e deportes nos CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e San Xosé Obreiro e nas escolas de Vilarrodís e Barrionovo…

O vindeiro xoves 13 de xuño ponse o broche final a estas actividades cunhas xornadas de convivencia para os diferentes grupos de actividades.Será entre as 17:00 e as 20:00 horas na zona deportiva da Avda Arsenio Iglesias. Haberá obradoiros, inchables, actividades deportivas e outras sorpresas para todos os asistentes.

 

Cada menor participante nas actividades poderá levar dous acompañantes. Todos os asistentes recibirán unha merenda saudable e os participantes un agasallo.

 

Normativa

  • Poderán asistir a esta xornada todos os participantes das actividades extraescolares ao longo deste curso e ademais poderán convidar a dous amigos-as para que os acompañe nesta xornada lúdica. Estes amigos terán dereito a participar nas actividades e a recibir merenda, pero non terán dereito a agasallo.
  • Cada menor deberá estar obrigatoriamente acompañado dun adulto ao longo de toda a xornada.
  • Cada menor participante, deberá portar a pulseira identificativa para poder participar nas distintas actividades. Esta pulseira será entregada aos nenos-as durante os vindeiros días nas actividades extraescolares. O menor que asiste ás actividades deberá portar a pulseira blanca e os acompañantes unha pulseira de cor.
  • Para subir aos inchables é obrigatorio utilizar calcetíns


Actividades extraescolares nos centros de ensino

  • Durante a xornada de convivencia non se levarán a cabo as habituais actividades extraescolares nos centros de ensino. No seu lugar os menores inscritos en actividades extraescolares que non asistan á convivencia e permanezan no centro educativo, no horario da actividade extraescolar acudirán á ocioteca.


En caso de choiva celebraremos a convivencia na carpa cuberta do Campo da Festa acompañados de música, xogos populares, talleres e outras sorpresas. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress