Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 7 de junio de 2019 | Leída 66 veces

A Xunta impulsará a formación á carta e axeitada ás demandas do tecido empresarial de 2.800 traballadores e persoas desempregadas

Feijóo sinala que se investirán máis de 5M€ para poñer en marcha nas vindeiras semanas 264 unidades en 88 empresas galegas. Explica que haberá dous tipos de unidades formativas: as destinadas a cualificar a traballadores en activo e as destinadas a formar a persoas desempregadas...

[Img #48754]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou onte, no Consello da Xunta, da resolución da convocatoria do programa de unidades formativas no que se investirán máis de 5M€ para poñer en marcha nas vindeiras semanas 264 unidades e cualificar á carta a 2.800 traballadores e persoas desempregadas en 88 empresas galegas.

 

Feijóo insistiu en que este é o único programa do Estado que ofrece formación á carta e financiada ao 100% dirixida ao tecido empresarial. Se sumamos esta resolución á do ano pasado, dixo, concluímos que a Xunta está investindo 12,7M€ para chegar a 7.000 persoas.

 

Dous tipos de unidades

As unidades formativas destinadas a persoas desempregadas apoiarán a formación dun total de 1.787 persoas en 122 unidades e 31 empresas de sectores como o da automoción, a carpintería metálica ou as estruturas metálicas.

 

Ademais, o titular do Goberno sinalou que se inclúe o compromiso por parte do tecido empresarial de contratar polo menos ao 40% do alumnado, é dicir, a 715 persoas e que se apoiará ás compañías cando as contratacións superen esa porcentaxe mínima. Para estes casos, indicou, os contratos indefinidos financiaranse con axudas de entre 7.000 e 16.000 euros, correspondendo as máis elevadas aos colectivos con especiais dificultades para atopar emprego.

 

Do mesmo xeito, Feijóo explicou que a proposta das empresas deseñáronse 9 programas de formación á carta que foron aprobados polo Estado e terán validez en toda España.

 

Por outra banda, no caso das unidades formativas dirixidas a traballadores en activo, poñeranse en marcha 142 unidades coas que cualificar a 1.000 traballadores e traballadoras en 57 empresas que deberán pertencer a sectores considerados estratéxicos como o da automoción, naval ou o TIC.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress