Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 7 de junio de 2019 | Leída 36 veces

Xiradela xuntará o domingo a preto de 400 bailadores no XXXIII Día da Muiñeira de Arteixo

A peza que se bailará este ano de modo conxunto será A Volandeira. Os máis pequenos son os grandes protagonistas dunha cita que terá lugar no Campo da Festa a partir das 18:00 horas...

[Img #48751]

 

Desde 1987 cada mes de xuño Arteixo acolle unha exhibición da peza máis emblemática do noso folclore: a muiñeira. A cita chega da man da A.X. Xiradela e suma xa 33 edicións ininterrompidas coa deste ano. O vindeiro domingo, 9 de xuño, congregaranse no Campo da Festa a partir das 18:00 horas 391 bailadores chegados de toda a comarca. Hai apuntados 38 grupos pertencentes a 14 asociacións.

 

O evento consiste en xuntar a un grande número de bailadores e bailadoras que danzan a un tempo unha muiñeira. Trátase dunha cita na que os máis pequenos son os grandes protagonistas. A xuntanza pretende fomentar o baile máis característico da nosa tradición e o máis consolidado a o día de hoxe. A peza elixida para esta 33ª edición é A Volandeira (tradicional) que se bailará tres veces con breves descansos adaptada a catro puntos e cinco voltas.

 

A cita aumenta ano tras ano o seu peso, neste caso medra o número de participantes con respecto ao ano 2018 no que participaron 322 nenos e nenas repartidos en 32 grupos e 13 asociacións. 

 

Ao final do baile, os colectivos participantes reciben un obsequio en lembranza do seu paso pola cita e achégase aos participantes unha merenda.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress