Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 6 de junio de 2019 | Leída 19 veces

A Xunta inicia hoxe a fase de voaduras para executar a parte do enlace co polígono de Morás, na marxe dereita da estrada AC-551

Os traballos, cun prazo duns dous meses, inclúen microvoaduras que farán necesarios cortes puntuais do tráfico na citada vía autonómica. A Xunta prevé que este acceso á zona industrial de Morás estea rematado e en servizo a finais deste ano, xa que os traballos avanzan a bo ritmo e están executados nun 25%, o que permitirá cumprir prazos...

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia hoxe a fase de voaduras para acometer a parte do enlace de conexión co parque empresarial de Morás, en Arteixo, situada na marxe dereita da estrada AC-551.

 

Estas actuacións, cun prazo de execución duns dous meses, inclúen microvoaduras que farán necesarios cortes puntuais do tráfico na citada vía autonómica. A paralización momentánea da circulación estará axeitadamente sinalizada para garantir a seguridade viaria.

 

As obras centráronse ata esta semana no movemento de terras na marxe esquerda, onde está situado o polígono.

 

A Xunta prevé que este acceso á zona industrial de Morás estea rematado e en servizo a finais deste ano, cun investimento de preto de 4,4 millóns de euros. Para isto, os traballos, que comezaron a finais de marzo, avanzan a bo ritmo e están executados nun 25%, o que permitirá cumprir prazos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress