Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 6 de junio de 2019 | Leída 43 veces

Activada para hoxe unha alerta laranxa por temporal costeiro e por vento nas provincias de Coruña, Pontevedra e Lugo

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal. Por mor do temporal costeiro nas tres provincias, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. A alerta laranxa por vento estará activa nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde se poderán acadar refachos de 100 quilómetros por hora...

[Img #48744]A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activará a partir de hoxe a alerta laranxa por temporal costeiro e por vento nas provincias da Coruña e Pontevedra; e por temporal costeiro en Lugo.

 

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o episodio adverso costeiro de nivel laranxa comezará ao redor das 10:00 da mañá no oeste e suroeste da Coruña e na costa da provincia de Pontevedra. En torno ao mediodía estenderase tamén ao noroeste da Coruña e a primeira hora da tarde chegará ao litoral lucense. Agárdanse ventos de forza 8 ou 9, e mar combinada con ondas de entre 4 e 7 metros.

 

Ademais, tamén se activará durante a mañá a alerta laranxa por vento no resto das provincias de Coruña e Pontevedra, onde se poderán acadar refachos máximos de 100 quilómetros por hora.

 

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

 

Debido ao temporal costeiro, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Permanecer lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar.

 

Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

 

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress