Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 6 de junio de 2019 | Leída 11 veces
ARTEIXO

Casahamlet e Manolo Couto pecharán o ciclo de Primavera das Artes

A programación de Primavera das Artes chega ao seu fin con dúas actuacións de música e teatro para este venres 7 de xuño...

[Img #48742]

 

Manolo Couto regresa ao Auditorio do CSC de Meicende para presentar o seu novo e sétimo disco ao que titulou Galego andaluz. Nel fúndense temas propios nos que se tocan asuntos de actualidade, con temas tradicionais de autores como Manolo Escobar. Dende o pasodobre “De Coruña no me voy” que homenaxea á cidade herculina, ata “Aldeíñas de Galicia” que fala das aldeas abandonadas, sen esquecernos de “Maltratada”, que fala do drama dos malos tratos á muller. A súa actuación está prevista para ás 20:00 h e para poder asistir é necesario recoller a invitación 1 h antes do concerto na conserxería do CSC de Meicende.

 

Ás 20:45 h representarase Xente de pálida pel no Auditorio do CCC de Arteixo. Un traballo colectivo do alumnado do Estudio de Teatro Casahamlet que xurdiu nas aulas despois de analizar diversos textos dramáticos de distintos e heteroxéneos autores. Harol Pinter, Álvaro Cunqueiro, W. Shakespeare, Manuel Lourenzo e Sara Kane, foron os dramaturgos elixidos e estudados para, despois dun traballo de creación colectiva baixo a dirección e supervisión do seu director Santiago Fernández, mostrar neste espectáculo como escritores dramáticos tan diversos amosan un abano de emocións e perfiles que se repiten ao longo dos anos. Para asistir a función é preciso recoller a invitación 2 h antes na billeteira do CCC de Arteixo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress