Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 5 de junio de 2019 | Leída 39 veces

Galicia é a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual e suma 252 afiliados ao día no último mes

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro que descende a un maior ritmo que o conxunto do Estado. O desemprego continúa caendo, seis anos de xeito consecutivo no mes de maio, pechando nesta ocasión cun descenso tanto na evolución anual como mensual. En comparación con hai un ano, o paro baixa un 8,99%, é dicir, a Comunidade galega conta con 15.891 parados menos, situándose os niveis de desemprego moi inferiores aos de hai unha década...

[Img #48740]

 

Galicia é a segunda comunidade na que máis baixou o paro en maio con respecto a hai un ano, superando, ademais, a media de caída de desemprego rexistrada no Estado, con máis de tres puntos e medio de diferencia. Así, a Comunidade galega rexistrou no mes de maio unha baixada do paro do -8,99% fronte ao -5,31% de España.

 

En Galicia, polo tanto, hai 15.891 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década. O paro, polo tanto, continúa caendo, 6 anos de xeito consecutivo no mes de maio. O desemprego tamén descende na evolución mensual, nun 3,26% con respecto a abril (-5.421 persoas).

 

Con respecto á evolución anual das afiliacións, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, sinalou que continúan crecendo, situándose nos mellores niveis da década. Galicia volve a superar a barreira do millón de cotizacións aumentando nun 2,04% (+20.315). A Comunidade, ademais, leva seis anos de incrementos consecutivos. En canto á evolución mensual, Galicia rexistrou 7.814 afiliacións máis que no mes de abril. O incremento producido supón un ritmo de 252 afiliados ao día.

 

A secretaria xeral, así mesmo, indicou que o desemprego baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta: os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración. De feito, 4 de cada 5 persoas que saíron do paro no último ano atopábanse nesta última situación.

 

O paro tamén caeu nas catro provincias e sete grandes cidades galegas e en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-18,08%), seguido da industria (-8,34%), da agricultura e a pesca (-8,30%) e dos servizos (-7,90%).

 

En canto á baixada por provincias, Lugo lidera a caída cun descenso do 10,37%, seguida da Coruña (-9,61%), de Ourense (-8,58%) e de Pontevedra (-8,14%).

 

Traballadores cualificados

Toca destacou a aposta da Xunta pola formación dos galegos e galegas pois, segundo sinalou, é a clave para acceder ao mercado laboral, abrir novas oportunidades e contar con traballadores máis cualificados, cos coñecementos necesarios para dar resposta ás demandas dun mercado laboral orientado cara o impulso da Industria 4.0 e da innovación.

 

Neste sentido lembrou que entre este ano e o que vén o Goberno galego investirá 57,3 millóns de euros para poñer a disposición de máis de 26.000 galegos unha formación de calidade. Así, xa están abertas as convocatorias tanto do Plan galego de formación para desempregados e ocupados, como os obradoiros duais de emprego.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress