Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 5 de junio de 2019 | Leída 13 veces

O Concello e Sogama cederán composteiros domésticos aos veciños que o soliciten

Lémbrase que para un uso responsable dos colectores de residuos sólidos urbanos, non poden depositarse neles restos de materia vexetal procedentes do acondicionamento de xardíns ou fincas. O obxectivo e respectar o medio ambiente e reducir os residuos que se trasladan a Sogama que na realidade non precisan de tratamento...

O Concello da Laracha lembra á veciñanza que para un uso responsables dos colectores de residuos sólidos urbanos non deben depositarse neles os restos da materia vexetal procedente do acondicionamento de xardíns, fincas e terreos particulares, en especial da corta de herba ou céspede.

 

Por este motivo, o Concello da Laracha e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) desenvolverán unha campaña medioambiental a través da que se cederán composteiros domésticos ás persoas que o soliciten.

 

A compostaxe doméstica non é máis que a reciclaxe en orixe da materia orgánica, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o solo e que o propio particular pode utilizar no seu xardín, horta ou terras de cultivo, substituíndo aos fertilizantes artificiais.

 

Con esta iniciativa procúrase o dobre obxectivo do respecto ao medioambiente e tamén económico, xa que, por unha parte, as vivendas produtoras de compost poderán utilizado para o seu uso persoal e, ademais, reducirase a carga de residuos sólidos urbanos recollidos nos colectores e transportados á planta de Sogama, evitando darlles un tratamento que dito material, polas súas características, non require.

 

O Concello da Laracha distribuirá de xeito gratuíto os composteiros nos fogares interesados en dispoñer deles.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress