Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 4 de junio de 2019 | Leída 17 veces
A LARACHA

Rematou a actividade de teatro do programa municipal

Participaron 35 rapaces entre a quenda da Laracha e a de Paiosaco. Clausurouse coa representación de pezas teatrais...

[Img #48731]

 

O programa municipal de actividades 2018-2019 está chegando ao seu fin e nos últimos días clausuráronse algúns dos últimos cursos que aínda se estaban a desenvolver.

 

É o caso do curso de teatro dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria. Comezou a principios do mes de novembro e rematou a semana pasada cos participantes subíndose ao escenario do centro sociocultural de Paiosaco e interpretando unha peza teatral para o público asistente.

 

A quenda da Laracha realizouse no propio CEIP Otero Pedrayo todos os luns de 16:00 a 17:00 horas. A de Paiosaco desenvolveuse no centro sociocultural da Porta Santa, tamén en sesións semanais pero neste caso os mércores de 16:30 a 17:30 horas.

 

En total participaron 35 nenos nestes cursos municipais de teatro, xuntándose todos eles, os das dúas quendas, no centro sociocultural de Paiosaco para realizar a actuación final.

 

Agora que está concluíndo o programa de inverno, o Concello da Laracha xa está a traballar nos contidos do programa municipal de actividades de verán, que incluirá diversidade de propostas para todos os públicos a realizar nos meses de xullo e agosto.

 

[Img #48732]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress