Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 1 de junio de 2019 | Leída 19 veces

Última fase de execución do proxecto de mellora de estradas municipais en Villamir

Núcleo de poboación da parroquia de Soandres no que residen preto de 70 veciños. Renóvase a capa de rodadura e mellóranse as redes de saneamento e abastecemento...

[Img #48600]

 

O Concello da Laracha está a rematar a execución dun amplo proxecto de mellora da rede viaria en todo o lugar Villamir, un destacado núcleo de poboación rural da parroquia de Soandres no que residen preto de setenta veciños segundo os datos do padrón municipal de habitantes.

 

A actuación contemplou a mellora de cinco vías de titularidade municipal que suman en total 1.064 metros lineais de lonxitude. A última delas estase pavimentando para completar os traballos previstos despois de terse acometidas obras de similares características noutras catro vías próximas. Ademais da renovación da superficie de rodadura dos vehículos, tamén foron melloradas as redes de saneamento e abastecemento.

 

O Concello da Laracha conta cunha rede viaria con preto de setecentos quilómetros de estadas. Mantelas en boas condicións é un asunto prioritario para o goberno local xa que é fundamental para ofrecer óptimas comunicacións entre os máis de trescentos núcleos de poboación que existen no termo municipal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress