Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 31 de mayo de 2019 | Leída 22 veces

A Xunta adxudica as obras da estación de autobuses intermodal de Vigo, cun investimento de máis de 12,5 millóns de euros

Este contrato inclúe a nova estación de autobuses e a parte dos accesos e dos túneles que chegan ata a mesma, e contan cun prazo de execución total de 18 meses, desde o seu inicio. O conxunto intermodal planificado en Urzáiz está composto pola estación de ferrocarril, o centro comercial, a nova terminal de autobuses e os accesos. Esta infraestrutura estratéxica permitirá o cambio de transporte dun xeito máis áxil, cómodo e eficaz para os usuarios...

[Img #48598]A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudica as obras da nova estación de autobuses intermodal de Vigo, cun investimento de máis de 12,5 millóns de euros.

 

Este contrato, adxudicado á UTE Comsa, S.AU- Ogmios Proyecto S.L., inclúe a nova estación de autobuses e a parte dos accesos e dos túneles que chegan ata a mesma, e contan cun prazo de execución total de 18 meses, desde o seu inicio.

 

As actuacións enmárcanse no conxunto intermodal planificado en Urzáiz, composto pola estación de ferrocarril, o centro comercial, a nova terminal de autobuses e os accesos ao complexo.

 

A tramitación do proxecto fíxose ao abeiro da Lei 3/2016 para proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese e é o que permite licitar as obras da nova estación de autobuses e os accesos, así como o recente inicio da execución do Centro Vialia.

 

A Xunta, o Concello de Vigo e o Adif traballan coordinadamente no desenvolvemento da estación intermodal, que debe sincronizar a execución da terminal de autobuses coa do Centro Vialia e dos accesos, que financian conxuntamente as tres administracións.

 

A nova estación de autobuses intermodal conta ademais co co financiamento dos Fondos FEDER Galicia 2014- 2010.

 

A execución da estación de autobuses ao carón do centro Vialia e da estación de ferrocarril permitiralles aos usuarios o cambio de transporte dun xeito máis rápido e cómodo, a través dunha zona habilitada especialmente, adaptada para as persoas con mobilidade reducida.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress